Un operario morreu esta tarde ao envorcar o camión que manexaba mentres descargaba uns bloques de formigón nunha leira en Viveiro. O traballador quedou atrapado entre o vehículo e un muro da casa.
Os feitos tiveron lugar na parroquia de Galdo ao fío das 14:45 horas. Nese momento, o 112 Galicia recibía a alerta do ocorrido a través do 061-Urxencias Sanitarias.
Acto seguido, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia pasaba o aviso aos Bombeiros de Viveiro, Protección Civil e Garda Civil de Tráfico.