A Delegación Territorial da Xunta en Lugo acolleu a sinatura do convenio entre o Padroado do Museo do Ferrocarril de Galicia (Muferga) e a produtora Vaca Films para posibilitar a rodaxe no museo, situado en Monforte de Lemos, de varias escenas da película A sombra da lei, que dirixe o monfortino Dani de la Torre.
Actuaron como asinantes o delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, na súa calidade de presidente do Padroado, e a responsable e cofundadora da produtora, Emma Lustres.