O Concello rozará a totalidade das pistas asfaltadas da rede viaria municipal

O Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, aclarou este luns que o Plan de Roza nas pistas do rural está activo e non finaliza ata que se complete a roza de todas as pistas asfaltadas da rede viaria municipal. Fernández recordou que destas tarefas se ocupa tanto a brigada municipal, como empresas contratadas.

 O edil lamentou que o PP “non se entere ou, o que é peor, non quere enterarse, de como se executa o Plan de Roza das pistas da zona rural do municipio, que conta cun orzamento de 97.300 euros, un plan que arrincou no mes de xullo e que se seguirá desenvolvendo neste mes de agosto e comezos de setembro ata chegar á totalidade das estradas municipais asfaltadas das 54 parroquias rurais”.

 A maiores, a entidade local con medios propios “tamén procede ao roce e limpeza de distintas zonas do rural, como arredores dos campos da festa, zonas de risco de incendios, cemiterios ou campos da feira, entre outras”, explicou Miguel Fernández.

 Neste senso, o edil lembrou que “os veciños e veciñas do noso rural saben perfectamente que, como acontece todos os anos, o Concello non deixa ningún vial asfaltado sen rozar, e recoñecen o bo traballo que se está a realizar”, polo que lamentou que “o PP intente enganar descaradamente á cidadanía”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com