O voceiro do BNG-AA no Concello de Lugo, Rubén Arroxo, anunciou que solicitará formalmente, a través dunha iniciativa plenaria, que se convoque unha xuntanza dos grupos que forman a corporación para examinar cales van ser as novas liñas de autobús de Lugo e “para que se poidan facer propostas que melloran este servizo público”. Para o BNG “estase traballando de costas a todos os lucenses para cazolear un dos contratos máis substanciosos do concello e deixando sen servizo a moitas persoas”. Arroxlembrou que “os grupos da corporación aínda non recibiron información sobre este tema de xeito formal”.
O grupo nacionalista propón reunir a todos os grupos municipais e mirar que posibilidades de modificación das liñas existen, “entendemos que hai que xuntarse e falar de solucións, porque se queremos que viva xente no rural o que non se pode é seguilo deixando en estado de esquecemento e de recorte de servizos” explicaba Rubén Arroxo lembrando que estas xuntanzas se deberon ter feito antes de presentarse as novas liñas “posiblemente a alcaldesa quixo sacar en solitario o titular das novas liñas, sen ter nin tan se queira analizado se melloraban a situación anterior” afirmou o portavoz do BNG.
O voceiro do BNG sinalou que “a alcaldesa fixo un paripé para enganar a veciñas e veciños dicindo que recollía propostas para as liñas de autobús, pero en realidade o novo trazado vai prexudicará a moitas persoas”.
“As liñas agora propostas non son nin moito menos as que Lugo precisa” dixo a Arroxo e lembrou que “solicitamos en numerosas ocasións a convocatoria dunha comisión para analizar as propostas”. O voceiro do BNG sinalou “non entendemos a negativa do PSOE a reunirse co resto dos grupos para buscar a mellor opción para que o servizo sexa o mellor para Lugo” e engadiu “o feito de negarse a reunirse co resto da corporación indica que hai algo que ocultar”.