Na crónica deportiva desta fin de semana, Club Deportivo Lugo, perdeu 2-0 na súa visita ao Club Deportivo Leganés, no estadio municipal de Butarque. Os lucenses ocupan a décimo sexta posición con vinte e oito puntos.
Pola súa banda, Ribeira Sacra Breogán chega como líder da Adecco oro á súa xornada de descanso condicionada polo calendario impar da competición. Acadou a vitoria número 14 ante o Cocinas.com, o que lle vale para colocarse líder en solitario cun resultado final de 72-66.
O Equipo terá uns días de descanso a partires do mércores desta semana e ata o luns 23 de febrerio, cando retomarán as sesión preparatorias para recibir ao Melilla Baloncesto o sábado 28 no Pazo ás sete e cuarto.
Por último, Prone Lugo, perdeu fronte o Montesinos Jumilla por nove goles a un.
@ProneLugoAD