A Sociedade Micolóxica Lucus organiza un curso de iniciación ao uso da Xenética en Micoloxía

A Sociedade Micolóxica Lucus pretende acercar a todas as persoas interesadas no coñecemento da micoloxía e da natureza os conceptos fundamentais das modernas técnicas xenéticas, de filoxenia e bioloxía molecular, aplicadas no estudio dos fungos nos campos da identificación e taxonomía micolóxica. O curso, partindo de cero, permitirá a calquera persoa interesada a comprensión e correcta interpretación dos resultados obtidos mediante estas técnicas que están na actualidade constantemente mudando a taxonomía e nomenclatura dos cogomelos, de aí o seu especial interese para calquera afeccionado.

O curso será impartido polo Biólogo e Doutor pola Universidade de Alcalá, Pablo Alvarado, que é un dos grandes expertos europeos neste campo. Os interesados poden ampliar información na páxina web da Sociedade Micolóxica Lucus, www.smlucus.org

Colaboran na celebración deste curso a Deputación de Lugo, Concello de Lugo, e USC Campus Terra.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com