O Deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos Ramos, xunto ao Alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela Rodríguez, e Concelleiros, adiantou as actividades culturais e turísticas, totalmente gratuítas para o público, coas que o Goberno Provincial enche as rúas da localidade chantadina durante unha semana cun investimento de 10.000 euros. Santos Ramos avanzou que dende hoxe e ata o vindeiro xoves, 24 de agosto, haberá cine, teatro, música e ata actividades fluviais. Trátase dunha completa e variada programación para persoas de todas as idades e de balde.
O responsable do departamento de Relacións Institucionais destacou que “este Goberno Provincial traballa por unha Deputación rural, que colabora con todos os Concellos da provincia; que ofrece durante todo o ano actividades totalmente gratuítas aos veciños, dende unha Deputación social e coas persoas. Agardamos que as actividades que traemos a Chantada contribúan a dinamizar social e economicamente a vida municipal, aproveitando a afluencia de visitantes durante esta época estival, que sexan, polo tanto, unha nova oportunidade máis para coñecer a riqueza patrimonial e vitivinícola que temos nesta Comarca, xerando, ademais, riqueza a través do impulso do sector turísticos”. Neste eido, Samos Ramos lembrou que o Goberno da Deputación financia con outros 330.000 euros máis 70 actividades nos Concellos con estes mesmos fins: dinamizar a vida social, a economía local e o turismo.
Programación de xoves a xoves
A programación gratuíta que financia o Goberno da Deputación en Chantada inclúe a proxección de 7 películas, 4 representacións teatrais e concertos semanais, todo isto na Praza do Cantón, algunha das cales xa se realizarou, ademais de actividades fluviais na Praia do Parque Sangoñedo, que serán este vindeiros domingo.