Falece un mozo e outro resulta ferido grave nun accidente en Antas de Ulla

Un accidente de tráfico rexistrado esta madrugada en Antas de Ulla sáldase cunha vítima mortal e outra ferida. O seu vehículo saíuse da vía cando circulaban pola N-640, a estrada que conecta Agolada con Antas de Ulla, preto de Castro de Amarante.

A vítima, un mozo de 23 anos,  tivo que ser excarcerada do interior do coche polos efectivos de emerxencia. A outra persoa ferida puido abandonar o vehículo polos seus propios medios.

O 112 Galicia tivo coñecemento do sinistro ás 3:05 horas desta madrugada, a través dunha alerta do 061-Urxencias Sanitarias. Acto seguido, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias alertou aos Bombeiros de Chantada, ao GES de Monterroso e á Garda Civil de Tráfico.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com