O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, a Alcaldesa de Trabada, Mayra García, xunto aos veciños e colaboradores participaron este sábado na tradicional malla de Vilapena, no Concello de Trabada.
Campos Conde remarcou o compromiso do Goberno da Deputación para promover, recuperar e revalorizar as tradicións locais como sinais de identidade e atractivo da provincia.