O BNG quere saber do posible convenio coa Federación para a mellora dos campos de fútbol

O BNG pediu que o goberno municipal aclare cal é a situación na que se atopa o posible convenio entre o Concello e a Federación Galega de Fútbol para que esta última entidade faga en Lugo o investimento previsto dentro do Plan de Inversións desta Federación para o ano 2016. Rubén Arroxo advertiu que “Lugo podería perder unha inversión da Federación”.

Lugo conta con 5 campos de fútbol municipais con herba artificial e Arroxo puntualizou que “neste momento este tipo de instalacións están baixo vixilancia polo tipo de materiais que se utilizaban hai anos para a súa instalación” e explicou que “varios organismos europeos estudan as posibles repercusións dos compostos utilizados para a colocación dos campos de herba artificial ante as sospeitas de toxicidade”.

Segundo portavoz do Bloque,”no Plan de Inversións da Federación Galega de Fútbol elaborado para o exercicio 2016 existe unha partida, no apartado de Infraestruturas Deportivas (Campos de Fútbol) e convenios con administracións públicas, destinada a un Campo de Fútbol para Lugo”. “Durante o ano 2016 non se fixo ningún investimento significativo dos que precisan os campos de fútbol de titularidade municipal deste concello”. O BNG preguntará se o Goberno Municipal ten previsto algún tipo de conversa ou negociación coa Federación Galega de Fútbol para chegar aos acordos necesarios para que este investimento en Lugo fose posible e en caso de chegar a un acordo coa Federación., cal sería o destino dos fondos previstos para Lugo”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com