O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, detallou esta mañá en rolda de prensa que “no que vai de ano no Concello de Lugo xa se pagaron 133.653,21€ aos funcionarios polas horas extraordinarias realizadas. Unha cantidade moi elevada e que se podería traducir na contratación de seis persoas durante un ano”.
Ameijide explicou que neste 2017 xa se tramitaron 175 decretos en concepto de horas extraordinarias “para pagar ou compensar 7.807 horas realizadas polos funcionarios deste Concello”. Do total de horas extraordinarias realizadas polos empregados do Concello 6.944 se pagaron, 293 se compensaron e 569 están baixo estudo.
Para o voceiro municipal popular estes datos amosan que “o caos e a falta de dirección política dos socialistas en materia de persoal. Estamos ante unha proba manifesta de que a política de persoal falla e, por iso, recae unha sobrecarga de traballo nos funcionarios”.
Desmantelamento dos servizos
O popular explicou que a “nefasta política de persoal que manteñen os socialistas neste Concello durante os últimos 18 anos desembocou nun constante desmantelamento dos servizos municipais e que se ve agravado coas ofertas de emprego público que o goberno local non convoca dende hai tres anos.
O voceiro popular tamén criticou que “o goberno local non incentive a carreira profesional nin a promoción horizontal nin vertical; que non fomente a formación complementaria do persoal e, incluso, non planifique as necesidades do plantel e dos servizos do Concello”.
Resposta Socialista
As acusacións do PP respondeu o responsable municipal de persoal, Daniel Piñeiro, quen culpou desta situación a lexislación do goberno do PP en Madrid, que prohibe a contratación de persoal nas administracións por mor da crise económica e subliñou que “estamos preparando a convocatoria de varias oposicións” pero os trámites va a modo por non ter persoal, precisamente, para axilizar máis estes procesos.
Ago 22, 2017 - 01:36 PM
No trabajamos por las mañanas y así cobramos horas extras