A Concellería de Economía que dirixe Sonia Méndez, informa da adxudicación das obras de construcción do edificio destinado a Novas Tecnoloxías, que suporán tamén a ampliación da Casa Consistorial, xa que as novas instalacións municipais vanse edificar nun solar situado na praza de Anxo Fernández Gómez, na parte traseira da sede do Concello.
A Mesa de Contratación celebrada hoxe, propuxo a adxudicación das obras do novo edificio cun presuposto de 330.562 euros, á empresa OREGA. O investimento suporá unha baixa respecto do prezo de licitación de 125.826 euros, cifra que representa o 27%. A Mesa de Contratación desbotou ofertas máis baixas que presentaran tres empresas por incorrer éstas en baixa temeraria. As obras comezarán a principios de marzo e terán unha duración de dez meses.
Este novo centro, que estará comunicado co actual edificio da Casa Consistorial, contará con dúas plantas. Na planta baixa habilitarase un espazo de atención ao público e haberá equipos informáticos inalámbricos a disposición dos usuarios, ademais de exhibirse os valiosos restos arqueolóxicos atopados durante as catas arqueolóxicas.
Na primeira planta estará dedicada a aulas de reunión.