Modesto Renda denuncia que o Goberno de Vilalba se apropia das súas propostas

A asemblea de Vilalba Aberta ven de facer público que interpelará ao Alcalde, logo de ter coñecemento pola pensa da posta en marcha da mesma iniciativa que o Goberno Municipal censurou a Modesto Renda nun Pleno Ordinario de 2015.

A proposta, relativa á  a colocación de colectores para a recollida do aceite usado doméstico e unha das primeiras que a formación levou a Pleno logo da súa chegada á corporación municipal. Por aquel tempo o goberno municipal se limitaba a instar aos veciños/as a depositalo no punto limpo. Unha fórmula, esta, que tal e como sempre se defendeu dende Vilalba Aberta “resultaba e continuaría a resultar un fracaso namentres non se realizara un proceso de concienciación da veciñanza, a fin da reciclaxe  do devandito aceite e se lle facilitara, sobre todo, a forma de facelo instalando colectores onde poder depositalo dun xeito máis cómodo”.

Vilalba Aberta non sae do asombro e sou voceiro subliñaba, “o infantilismo do Goberno Municipal tradúcese de novo en que medidas de absoluto sentido común sexan ridiculizadas en sesión plenaria por partiren dunha iniciativa política diferente á representada polo Partido Popular, para logo seren copiadas e publicitadas coma súas diante da mesma veciñanza á que se lle fixo esperar media lexislatura por un servizo do que dende hai anos se beneficia xa a da meirande parte de Concellos da contorna”.

É por isto que urxe a Baamonde a “reparar máis no interese xeral da veciñanza e un pouco menos no rédito electoral a conquistar, a fin de que os vilalbeses/as non teña sufrir a parálise constante que se manifesta da súa absoluta falta de iniciativa e determinación”, sentenciou.

 

 

 

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com