Victoria Esteban Riesco será a nova concelleira de Lugonovo

Lugonovo ven de anunciar que Victoria Esteban Riesco ocupara o escano que deixou Santiago Fernádez Rocha no consistorio. A nova concelleira, ocupou a sexta posición na candidatura electoral que en 2015 conseguiu tres cadeiras no consistorio.

A aceptación da acta farase efectiva no vindeiro Pleno Municipal. Coa incorporación de Victoria Esteban, o actual grupo municipal composto por Cristina Pérez e Iñaki García gaña, segundo a plataforma política, un novo perfil político vinculado á defensa do ensino público.

Esteban naceu en Lugo, é mestra e dirixe o CEIP Luís Pimentel e foi unha das fundadoras de Lugonovo. Pertence á Coordinadora da organización, labor que compaxina co traballo en “En Marea”, onde forma parte do seu Consello e Coordinadora, e onde exerce o posto de vicevoceira.

Coa entrada como concelleira de Victoria Esteban, Lugonovo “asume a reestruturación do Grupo Municipal como unha prioridade que a Coordinadora e a Asemblea da organización abordarán proximamente co obxectivo de optimizar o traballo no Concello como unha das facetas imprescindíbeis do traballo político xeral”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com