O barrio da Milagrosa nomea a Lara Méndez pregoeira das súas festas

As festas do barrio da Milagrosa son unha data ineludible no calendario festivo dos lucenses, como preludio ao San Froilán. O vindeiro día 31 de agosto arrancarán sete días de festa neste barrio con un programa cheo de actividades. Así o presentaron esta mañá no Salón de Plenos do Concello de Lugo, o presidente e a secretaria da Asociación de Festas do Barrio da Milagrosa, Magín López e Miriam Souto, quen estiveron acompañados pola rexedora da cidade, Lara Méndez, encargada este ano de dar o pistoletazo de saída das festas lendo o pregón.

No acto, Méndez amosouse “orgullosa polo papel de inaugurar estes festexos senlleiros” e agradeceulle á comisión organizadora a oportunidade de ser a pregoeira das festas do seu barrio e dunha cita que celebra este ano o seu 55 aniversario. Nesta liña, a Alcaldesa recoñeceu o gran labor das sete persoas organizadoras destas festas, e a imprescindible colaboración dos veciños e veciñas.

Miriam Souto é a encargada dunha das actividades que máis chama a atención destas festas: o desfile de moda. Na presentación, a secretaria da asociación explicou que o sábado día 2 ás 19.30 horas comezará este acto que traerá consigo moitas sorpresas, “pero a máis especial é que imos ter a verdadeiras modelos de Victoria’s Secret desfilando“.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com