O Concello saca a contratación o programa de conciliación ‘Aprende xogando’

A Xunta de Goberno Local do Concello de Lugo aprobou a primeira hora desta mañá a apertura do procedemento de adxudicación do programa de intervención e pedagóxico ‘Aprende Xogando, que o Concello pon en marcha co obxecto de desenvolver actividades para menores de 12 anos,  nas ociotecas municipais, que permitan aos pais e nais a conciliación da vida laboral e familiar.

As persoas destinatarias deste programa serán nenos e nenas de entre 3 e 12 anos, empadroados no municipio e terán prioridade no acceso os fillos de mulleres vítimas de violencia de xénero, así como de pais ou nais con cargas familiares non compartidas, persoas dependentes ao seu cargo ou que traballen ou estean a formarse. 

Asemade, a Xunta de Goberno aprobou tamén sacar a licitación a subministración de 10 MIL tarxetas cidadás que se entregarán no concello en lotes de 2.500 en periodos de 1,3, 6 e 12 meses.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com