O Delegado Territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, respondeu esta mañá as declaracións feitas onte polo voceiro municipal, Miguel Fernández que vertían duras críticas contra o ente autonómico por non responder ás propostas do Concello de Lugo para avanzar na apertura do novo auditorio.
Balseiro asegurou que é a Xunta a que está a esperar unha contestación desde hai máis dun ano, pero unha resposta “que veña por un acordo plenario, porque o goberno local está en minoría e, que eu sepa, non pode aprobar convenios sen levalos antes a pleno”.
Por outra banda, o dirixente territorial asegurou tamén que a Consellería de Sanidade traballa para avanzar no proxecto do novo barrio da Residencia, outra das reclamacións que fixo onte o voceiro municipal e ante as que o delegado foi moi claro: “a Xunta está aberta ao diálogo e é o Concello quen ten que explicar cales son as discrepancias e explicar qué paso lle falta por dar á Xunta de Galicia”.