A Deputación abre o prazo de inscripción no VI Volante Deputación

A Deputación, xunto coa Escuela PTC da Pastoriza abren mañá, venres 1 de setembro, a solicitude das 185 prazas do VI Volante Deputación, dirixido só a lucenses de entre 18 a 35 anos, que recibirán, de xeito totalmente gratuíto, cursos de formación técnica e condución segura no eido da competición automobilística, no circuíto da
Pastoriza o fin de semana do 16 e 17 de agosto.

Ao remate do proceso formativo, celebraranse probas cronometradas tralas cales o gañador poderá participar de balde no Rally San Froilán. Todo isto grazas á iniciativa do Goberno Provincial, que achega 17.000 euros á celebración desta nova edición do Volante Deputación a través da Escuela PTC da Pastoriza.

As inscricións permanecerán abertas dende mañá ás ás 9:00 horas, ata o mércores 13 de setembro ás 24:00 horas. Os interesados en participar nesta sexta edición do Volante Deputación deberán cubrir un formulario que se poderá descargar da web www.ptcescuela.com e, a continuación, terán que enviar a súa solicitude ao enderezo electrónico piloto@ptcescuela.com. A selección dos participante farase por estrito orde de entrada das solicitudes ata cubrir as 185 prazas existentes.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com