O Concello abre o prazo de matricula nos deportes para maiores

A Concellería de Deportes e Medio Rural, dirixida por Miguel Fernández, abre luns, martes e mércores, 4, 5 e 6 de setembro, o prazo para matricularse nas actividades de deportes para maiores, que se desenvolverán dende outubro polas mañás nos complexos deportivos de Frigsa e das Pedreiras.

A matrícula realizarse de xeito directo, por orde de chegada, nas propias instalacións ás que se queira acudir á actividade. As persoas interesadas, que deberán ser maiores de 65 anos, poderán escoller entre ximnasia de mantemento ou natación combinada. O prezo establecido é de 7,90 euros para todo o curso. Tanto en Frigsa como nas Pedreiras, ximnasia terá lugar os martes ou xoves, e natación os venres.

Para máis información de horarios pode consultarse a páxina web do Concello: www.lugo.gal ou chamar ao teléfono de atención cidadá 010.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com