Entregados os III Premios ‘Lugo Monumental de Animación na Rúa’

A fonte de San Vicente, un lugar simbólico da zona dos viños, foi o escenario do breve acto de entrega do III ‘Premio Lugo Monumental de Animación Na Rúa’.

O xurado recolleu as puntuacións emitidas polos 44 establecementos repartidos por todo o casco histórico de Lugo, que premiaron a animación nas rúas do centro da cidade, segundo as bases aprobadas e publicadas que regulan o Premio.

Non obstante, a axustada votación debida á simpatía dos grupos, creou unha situación de empate entre dous grupos, que rompeu ao outorgar o xurado un punto de popularidade ao grupo votado polo maior número de locais.

Sobre a base disto, declaráronse gañadores das tres categorías do premio ás seguintes agrupacións:

Primeiro Premio dotado con doce vales de compra de 50,00 euros, que fan un total de 600,00 euros, a gastar nos locais participantes, para o grupo chamado “Hip, Hip, Hippys!!! “, cuxo voceiro é Pablo Freijo Fernández.

Segundo  Premio, dotado con seis vales de compra de 50,00 euros, que fan un total de 300,00 euros, a gastar nos locais participantes, para o grupo chamado “McGrelo no Amor”, cuxo voceiro é Agustín Montero.

Terceiro Premio, dotado con dous vales de compra de 50,00 euros, que fan un total de 100 euros, a gastar nos locais participantes, para o grupo chamado “De Marte a Lucus”, cuxo voceiro é Mateo Polín Rico.

@LugoMonumental

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com