O concelleiro de Servizos Xerais e Participación Cidadá, Manuel Núñez, presentou esta mañá a décimo-segunda edición do programa Almorzos Saudables que comezan o próximo luns 23 de febreiro no colexio Luis Pimentel.
Este programa de alimentación saudable está dirixido a preto de 2.000 nenos e nenas de primeiro e segundo de Primaria, que participaran este ano e que forman parte de todos os centros de primaria publicos, privados e concertados do Concello de Lugo.
Como novidade está a colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, en concreto coa Facultade de Ciencias do Campus de Lugo, na que varios estudantes do Grao de Nutrición Humana e Dietética van a estudar os menús e explicarlles aos pequenos a necesidade de alimentarse correctamente.
@010lugo
Manuel Núñez: