A Xunta destina máis dun millón de euros a obras de mellora de dotacións e servizos en Rábade

A Xunta de Galicia leva investidos no último ano 1,4 millóns de euros dirixidos a apoiar distintas obras e na mellora de dotacións e servizos en beneficio da veciñanza de Rábade, facendo da administración autonómica a que maior esforzo inversor realiza neste municipio.

Un exemplo destes apoios está nas obras de mellora que afectan ao polígono industrial desta localidade e que foron obxecto de visita e supervisión esta mañá polo delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro.

Nunha primeira fase, xa executada, actuouse na rúa do tanatorio. Ademais de mellorar o pavimento procedeuse á ampliación da plataforma e a dotala dos servizos de luz, saneamento, abastecemento… etc. A estrada conta cun novo firme e máis amplo, axeitado para os camións e vehículos de gran tonelaxe que por ela transitan habitualmente e ademais incorpora un espazo de estacionamento en liña e para o tránsito peonil.

Este mesmo ano ten previsto executarse unha segunda fase, con idénticas melloras pero, neste caso, que se levaran a cabo noutra vía interior do polígono, a que transcorre de xeito paralelo a estrada da Coruña e perpendicular a rúa do tanatorio. A achega autonómica para impulsar ambas obras supera os 153.000 euros.

No ámbito das infraestruturas a Xunta tamén achegou preto de 120.000 euros nas obras de reforzo firme travesía LU-107, xa rematadas. E, por outra banda, o Goberno galego reserva 500.000 euros para o plan de sendas, que permitirá a creación dun carril peonil e ciclista que unirá o núcleo urbano de Rábade-Enlace A-6 ata o límite co termo municipal de Begonte.

No que respecta ás dotacións en materia de benestar, a Xunta achegou case 100.000 euros para o sostemento do servizo de axuda no fogar para persoas en situación de dependencia, 16.000 euros adicionais para a contratación do asistente social e 18.000 euros en diversas melloras executadas no centro de menores Santo Anxo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com