Ribeira Sacra Catamarán

Máis de 40.000 viaxeiros gozaron das rutas fluviais da Ribeira Sacra lucense

As rutas fluviais da Ribeira Sacra lucense melloran ano tras ano os datos de participación. A Deputación rexistrou no remate do 2016 un incremento de usuarios do 15% e no que vai de tempada, é dicir, dende abril e ata finais do pasado mes de agosto, rexistrou case 40.700 viaxeiros, o que supón un 20% máis que no mesmo período do ano pasado.

O Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, explicou que co goberno da Deputación melloráronse os servizos das rutas fluviais, co obxectivo de promover a Ribeira Sacra, ademáis de mellorar as instalacións e os servizos prestados na zona.

Dende abril e ata finais de agosto, foron, exactamente, 40.679 persoas as que navegaron polas rutas de Doade e Belesar, o que supón un incremento de 7.212 persoas que no mesmo período do 2016. A ruta fluvial de Doade foi a que máis aumentou o número de viaxeiros durante estes 5 meses. En total, foron 32.111 persoas as que viaxaron polo “Canón do Sil”, aumentando en 4.812 pasaxeiros en relación ao ano pasado. Pola súa parte, a “Ruta do Cabo do Mundo” en Belesar, contou con 8.568 viaxeiros, incrementado en 2.396 as persoas que participaron en comparación co mesmo período de 2016.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com