A Policía Local detén a un rapaz de 27 anos por causar danos a máis de 40 vehículos

Axentes da Policía Local detiveron durante a pasada madrugada en Lugo a un rapaz de 27 anos tras causar danos a máis de 40 vehículos estacionados en diferentes rúas da cidade. Segundo informou a Policía Local, o detido presuntamente rompeu ou danou cristais, espellos, retrovisores e xanelas de vehículos aparcados na Avenida de Magoi, rúa Magdalena, Ronda de Fingoi, Illa de Man, Cornubia, Avenida de Ramón Ferreiro e rúa Montirón.

A rexedora Lara Méndez, asegurou esta mañá que, a pesar de todo, “Lugo é unha cidade segura” e que esta detención mostra o “bo facer das forzas de seguridade”. Noutra orde, a rexedora informou tamén de que o goberno local dotará dos medios necesarios para a Policía Local para facer ben o seu traballo. Estas declaracións veñen ao fío das denuncias que o sindicato da policía local deu a coñecer sobre o mal estado dos uniformes dos axentes.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com