A Xunta iniciará as obras da rede de camiños principais na parcelaria de Santo Estevo de Pol

A Xunta iniciará as obras da rede de camiños principais na reestructuración parcelaria de Santo Estevo de Pol, así o informou esta mañá o delegado territorial, José Manuel Balseiro quen deu conta destas novas actuacións nas que a Consellería de Medio Rural investirá entorno aos 500.000 euros. Hoxe mesmo o delegado celebrou un encontro cos propietarios para determinar os traballos previos de limpeza e retirada de madeira que deben acometerse antes de iniciar as obras.

A administración autonómica prevé actuar sobre 9.272 metros creando toda unha rede de camiños que non só darán servizo as futuras áreas de cultivo senón tamén servirán para vertebrar o territorio conectando coas infraestruturas e núcleos de poboación limítrofes e co resto de vías municipais.

Balseiro salientou a importancia destas actuacións para a veciñanza de Santo Estevo de Pol e indicou que “a mellora nas infraestruturas no rural, aparellada ao novo avance desta reestruturación parcelaria, é vital para o desenvolvemento económico e agrario da poboación do rural, e todos os esforzos encamiñados neste sentido serán prioritarios para a Xunta”.

A parcelaria da Zona de Santo Estevo de Pol foi acordada polo Decreto 95/2011, do 12 de maio, publicado no DOG nº 102 do 27 de maio de 2011. Na actualidade atópase na fase de bases definitivas firmes, estando en trámite a contratación do Acordo de Concentración, seguinte paso administrativo segundo a lexislación sobre reestruturación parcelaria vixente.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com