40 gandeirías de Lugo e León exporán 300 reses no Certame de Gando Vacún de Pedrafita

O Deputado de Medio Rural, Lino Rodríguez Ónega, e o Alcalde de Pedrafita do Cebreiro, José Luis Raposo Magdalena, presentaron este mércores unha nova edición do tradicional Certame- Exposición de Gando Vacún, que se celebrará o domingo 17 de setembro, nesta localidade da Montaña Lucense.  

O goberno provincial e o Concello promoven conxuntamente esta iniciativa de impulso do sector gandeiro e do rural con 8.900 euros. Prevese a participación de 40 gandeirías das provincias de Lugo e de León, que exporán 300 reses. Haberá unha poxa de xovencas e xatas preñadas cuxos prezos oscilan entre os 1.200 e 2.000 euros. Como en anteriores edicións, agárdase a presenza dunha media de 2.000 persoas na vila.

Por outra banda, o Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, e a Alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García, xunto ao Concelleiro de Deportes, Francisco Dasilva Rivas, presentaron este mércores a 1ª Marcha Cicloturista deste municipio, que terá lugar este domingo, 10 de setembro. Trátase dunha pioneira cita neste Concello, que agarda consolidarse no calendario da Federación Galega de Ciclismo, ao tempo que promove os recursos naturais e turísticos deste enclave da Mariña.

Consiste nun percorrido en bicicleta de 79 quilómetros entre as montañas que rodean o Val de Lourenzá na que poden participar todos os interesados a partires dos 15 anos de idade.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com