A Xunta iniciou os traballos de roza do barrio da Tinería

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda iniciou hoxe os traballos de roza e limpeza vexetal na contorna do barrio da Tinería, as parecelas obxecto de actuación forman parte da zona na que o Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) acomete os distintos proxectos de rehabilitación.

No día de hoxe, os operarios traballan á altura do hospital Virxe dos Ollos Grandes e, entre outros espazos, tamén actuarán na parcela onde se atopa o pazo de Dona Urraca, aínda que se prolongarán a todas os espazos de competencia do IGVS.

As actuacións inclúen desde rozas mecánicas, empregando distinta maquinaria, a traballos manuais, na maioría dos casos, debido á dificultade de acceso a algúns dos espazos e as condicións orográficas das parcelas. Malia que estas tarefas son de conservación ordinaria, a Xunta de Galicia seguirá actuando sobre a totalidade das súas propiedades na Tinería onde prevé investir máis de dous millóns de euros nos próximos anos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com