Ameijide asegura que Lugo “está secuestrada” por unha alcaldesa que bloquea á cidade

O voceiro do Grupo Municipal Popular, Antonio Ameijide e a rexedora da cidade, Lara Méndez reuníronse esta mañá, a petición dos populares, para abordar diferentes temas de mellora da cidade. O voceiro popular tratou coa alcaldesa os principais problemas de Lugo como a xestión municipal, a mobilidade ou a mellora da imaxe da cidade; asemade, Ameijide comentou con Lara Méndez diferentes propostas do seu grupo para abordar estes problemas.

Tras a reunión, Antonio Ameijide amosouse descontento cos resultados obtidos, pois asegurou que saíu “máis preocupado pola parálise da cidade do que entrou”. Nas súas palabras, a cidade está a sufrir un bloqueo por parte da alcaldesa que ten “secuestrada á cidade xunto cos seus cómplices”, facendo referencia aos grupos que lle deron o seu apoio ao PSOE.

O voceiro popular Antonio Ameijide explicou á Lara Méndez os catro eixos fundamentais para mellorar Lugo: a xestión municipal; a creación de emprego e a necesidade dun plan para a captación de investimentos de empresas; obras prioritarias,  mobilidade e o transporte; e as accións a desenvolver na zona rural. Antonio Ameijide considerou “prioritario” sacar a licitación os contratos caducados xa que “esta mesma semana pagáronse novas facturas con reparos de legalidade” o que deixa o total no que vai de ano por enrriba dos 11 millóns de euros.

O popular amosoulle a Méndez a realidade do Concello, xa que os populares son o grupo maioritario da corporación, “polo que temos moito que dicir no día a día do Concello, e sirva de exemplo o bloqueo da ordenanza fiscal 152, reguladora das taxas por aproveitamentos especiais da vía pública, que era moi lesiva para os lucenses ou a aprobación da modificación orzamentaria para desbloquear inversións na cidade”.

Dende o Grupo Popular vese “prioritario” xerar emprego e captar investimentos para Lugo polo que “propoñemos converter a Lugo nun referente turístico e así xerar unha nova fonte creadora de riqueza e emprego Ademais hai que incentivar o investimento e a creación de empresas en Lugo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com