O BOP publica as bases para subvencións a asociacións prestadoras de servizos sociais

O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe as bases das subvencións municipais para asociacións do eido dos servizos sociais sen ánimo de lucro e para o transporte en taxi adaptado. Tal e como explicou a Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana Abelleira, o prazo para optar a parte dos 43.000 euros que destina o Goberno a estas axudas será de 20 días hábiles tras unha nova publicación no boletín. Coa convocatoria destas novas axudas, o Concello da un paso máis na accesibilidade e de cara o labor altruísta das asociacións sen ánimo de lucro.

A Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, quixo lembrarlle esta mañá á veciñanza que dispón dunha aplicación móbil para facilitarlles o pago dos impostos locais a través de smarphones ou tablets, sen custo adicional. Trátase dunha APP recentemente implantada en Lugo grazas ao Concello e Abanca, que permite ás persoas contribuíntes o pagamento de recibos as 24 horas do día durante os 365 días do ano.

A día de hoxe están ao cobro os impostos sobre vehículos de tracción mecánica e de pasaxes. Segundo informa o goberno local, quen non teña domiciliado o pago pode facelo descargando esta aplicación, dispoñible tanto para dispositivos android como iOS co nome de Concello de Lugo. Soamente é necesario dispoñer dunha tarxeta de débido ou crédito.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com