Manuel Martínez, vicepresidente da Deputación, foi nomeado onte presidente de SUPLUSA, a Sociedade Urbanística Provincial de Lugo S.A; con este nomeamento, apoiado polo grupo Provincial Popular, Darío Campos deixa a presidencia, algo que o PP leva apoiando dende o pasado mes de maio, e que segundo aseguran é necesario pola situación de parálise que atravesa a Sociedade.
Desde o PP explican que esta situación que se viviu en Suplusa “evidencia as polémicas internas que vive o PSOE, nas que se ven obrigados a recoñecer, dixeron, a súa propia incapacidade. Así, o presidente ten que delegar noutro dos membros do seu Grupo político.