A Deputación dalle luz verde ao Ben Empregado 4 con uns 150 postos de traballo

O voceiro do Executivo da Deputación, Álvaro Santos Ramos, informou este venres sobre a aprobación na Xunta de Goberno do Ben Empregado 4, máis social!, dotado de 2,2 millóns de euros, que permitirán a xeración duns 150 novos postos de traballo de calidade no conxunto do territorio lugués.

Inclúe axudas dun máximo de 22.000 euros, dirixidas a empresas e colectivos sociais de toda a provincia, para a contratación, durante 1 ano, de novos traballadores cos que, “ademais de facer fronte ao taxa de paro, contribuír á actividade de autónomos, PEMES e asociacións lucenses co obxectivo de dinamizar a economía da provincia e contribuír á importante labor social do tecido asociativo”.

Santos Ramos asegurou que estas axudas poderán solicitarse, desde as empresas, en tres liñas: cubrirá ata o 100% dos custos laborais de novos traballadores para a contratación de persoas con capacidades diferentes ou en risco de exclusión laboral; do 90% para traballar en colectivos sociais e do 50% para contratar lucenses en xeral en empresas.

Aprobada hoxe esta programación, agora enviarase á Base Nacional de Subvencións para a súa publicación, tal e como esixe a normativa vixente. A continuación, publicarase no Boletín Oficial da Provincia, abrindo o prazo de solicitude das axudas. Simultaneamente a todo este proceso, tamén se abrirá, previsiblemente nos vindeiros días, un prazo de preinscrición para lucenses con capacidades diferentes ou en risco de exclusión laboral se anoten como solicitantes dos postos de traballo do Ben Empregado 4. “Isto permitiranos ofrecer a empresas e colectivos sociais os perfís laboral deste colectivo co obxectivo de que os demanden”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com