CIG Saúde denuncia ao Sergas pola ausencia de prevención en anatomía patolóxica no Hospital da Costa

CIG Saúde A Mariña presentou unha denuncia na Inspección Provincial de Traballo e Seguridade Social de Lugo ante a situación do Servizo de Anatomía Patolóxica do Hospital da Costa ao estarse a producir diversos incumprimentos á normativa en relación coa Prevención de Riscos Laborais. Para CIG Saúde da Mariña, a protección da saúde e seguridade dos traballadores e traballadoras deste servizo vese afectada polos Axentes Químicos durante o traballo.

Dende o sindicato denuncian a ausencia de medidas preventivas no que respecta ao almacenamento e condicións de uso de formaldehido (clasificado como canceríxeno e mutáxeno 1B).  Este axente químico é amplamente utilizado na contorna hospitalaria como axente conservante e fixador de tecidos. O seu uso é tamén xeneralizado nos laboratorios de anatomía patolóxica, onde existe unha exposición importante por parte dos traballadores e traballadoras. Doutra banda, trátase dun composto que causa irritación das vías respiratorias superiores, asma e bronquite, mentres que por contacto pode causar eccemas alérxicos, ademais de efectos canceríxenos. Así, estes feitos dan como resultado unha situación que, de non tratarse coas medidas adecuadas, pode xerar un problema serio de saúde ocupacional para o persoal empregado nos laboratorios de anatomía patolóxica, explican dende CIG Saúde A Mariña.

A central nacionalista afirma que no Servizo de Anatomía Patolóxica do Hospital da Costa non existe ventilación xeral no que respecta á existencia de extraccións localizadas na zona de manexo de formaldehido soamente existe na sala de tallado, non hai ningún armario nin local específico para o almacenamento da substancia con extracción e a sala de autopsias non cumpre os requisitos para o seu fin a nivel material e de espazo, atopándose nunha situación insalubre.

CIG entende que hai que priorizar a seguridade no traballo, cos mínimos de calidade esixible, e ante o desleixo desta Xerencia Executiva do Hospital da Costa vese na obriga de interpoñer denuncia no organismo pertinente.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com