O Ben Empregado 4 abre a preinscripción para lucenses con capacidades diferentes

O Goberno da Deputación ten aberta a preinscrición, dende esta mesma mañá e ata o 20 de setembro (ambos incluídos), para que lucenses con capacidades diferentes ou en risco de exclusión laboral en paro participen no Ben Empregado 4! Máis social. Na web da Deputación hai un espazo habilitado co formulario e con toda a información para anotarse.

O voceiro do Goberno Provincial, Álvaro Santos Ramos, explicou que “en prol de acadar a través deste programa a maior empregabilidade posible, e co fin de conxugar a oferta coa demanda real da provincia, ábrese este prazo para recoller os perfiles laborais ou profesionais das persoas pertencentes a estes colectivos. Todos eles incorporaranse a unha base de datos que permitirá ao tecido empresarial coñecer inicialmente os recursos humanos dispoñibles”.

O Goberno da Deputación aprobou o Ben Empregado 4, máis social!, unha nova edición desta programación en impulso do emprego dotada de 2,2 millóns de euros, que permitirán a xeración duns 150 novos postos de traballo de calidade no conxunto do territorio lugués. Inclúe axudas dun máximo de 22.000 euros, dirixidas a empresas e colectivos sociais de toda a provincia, para a contratación, durante 1 ano, de novos traballadores cos que, ademais de
facer fronte á taxa de paro, contribúese á actividade de autónomos, PEMES e asociacións lucenses co obxectivo de dinamizar a economía da provincia e impulsar á importante labor social do tecido asociativo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com