Lara Méndez ocupará o posto número dous na lista ao Concello polo PSdG

Non houbo sorpresas na presentación da candidatura dos socialistas esta tarde e tal e como estaba previsto a Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez, ocupará a segunda praza na lista que o Partido Socialista presentará ás vindeiras eleccións municipais ao Concello de Lugo, que se celebraran o  24 de maio.

O terceiro lugar ocuparao Juan Carlos González Santín, Secretario Provincial do PSdG. A estas dúas novas incorporacións hai que sumar as de Ana Prieto, Presidenta do Colexio de Farmacéuticos de Lugo e Miguel Fernández, do grupo ecoloxista Cedenat.

Os seguintes postos ocuparanos, os actuais concelleiros, Carmen Basadre, José Manuel Díaz Grandío e Ana María González Abelleira.

A continuación Xosé Daniel Piñeiro Villares, Rosana Rielo Rozas, Manuel Núñez López, Marta Jato Díaz, Adrián Vázquez Fernández, Isabel Salazar Bello, Manuel Padilla Fernández, Ana Paz Veres, Daniel Castro Fernández, Sabela Thais Sanjurjo Varela, Jesús Lodeiro Fernández, María del Pilar Rodríguez Potente. Os últimos cinco da lista son: Carlos López Racamonde, María José Vales Garaloces, Diego Pena Luaces, Sonia Méndez García e José Conde Vales.

Coa aprobación por unanimidade da Executiva Local desta candidatura, so queda o tramite de sometela mañá á votación dos militantes na Asemblea Local que se celebra ás 8 do serán na sede do CIPF Politécnico da cidade.

@010lugo

Escoitamos a López Orozco:

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. J Eduardo Veiga (@JEduardoVeiga)
    Feb 18, 2015 - 10:09 PM

    Lara Méndez ocupará o posto número dous na lista ao Concello polo PSdG – Xornal de Lugo http://t.co/bvIT4tAXkT

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com