O voceiro do BNG – AA, Rubén Arroxo, lembrou esta mañá que o goberno municipal aínda non deu solución aos problemas de falta de iluminación no polígono da Louzaneta. Arroxo sinalou que os roubos que se veñen denunciando repetidamente nos medios nos últimos días “non son un problema novo e véñense repetindode xeito reitarado, ao mesmo tempo que o goberno municipal non deu solución á falta de iluminación”. O BNG-AA levou este asunto á comisión de infraestruturas do mes de marzo deste ano “e o Goberno xa non deu resposta naquel momento” sinalou Arroxo que afirmou “a solución segue sen chegar para as veciñas e veciños desta zona”.
“A falta de iluminación na urbanización de A Louzaneta deu lugar a numerosas queixas veciñais durante anos e a un proceso de regularización entre concello, promotores e as persoas propietarias” explicou Arroxo e indicou que “neste momento o único que falta é a decisión do goberno para colocar a iluminación”. Para o BNG-AA “está claro que nin o concello, nin a falta de iluminación son responsables dos roubos dos cales son culpables únicas as persoas que os comenten, mais é certo que a oscuridade reinante na zona si facilita a comisión deste tipo de delitos”.