Carlos Armesto Carlos Armesto

O Grupo Provincial do PP denuncia a mala xestión do Centrad

O Grupo Provincial do PP denuncia a mala xestión que a Deputación está a facer do Centro de Artesanía e Deseño, Centrad, do que é responsable a socialista Pilar García Porto. Os populares fanse eco das queixas recibidas por numerosos usuarios que aseguran que este ano non se lle deu a difusión axeitada aos obradoiros de verán para nenos e nenas.

“Non só se fixo o anuncio a última hora, senón que nin tan sequera figura na web do centro, que se atopa completamente desactualizada”, explican. Os populares consideran que unha simple nota na web da Deputación non é suficiente para divulgar este programa, posto que os interesados non tiveron a información precisa para poder notarse.

En palabras dos populares, “este ano os cursos non esgotaron o número de prazas, como así acontecía os anos anteriores nos que incluso había lista de agarda”. O “escaso” éxito que este ano tiveron os cursos infantís, apuntan os populares, teñen que ver coa escasa difusión e promoción que a Deputación fixo dos mesmos, así como co feito de que reduciran o horario de xeito considerable. “Mentres outros anos os talleres se desenvolvían desde as 9 ás dúas da tarde, este ano só se prolongaban durante dúas horas, entre as once e a unha, o que ten motivado o malestar de moitos pais”, explica o popular, Juan Carlos Armesto.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com