19 modalidades deportivas daranse cita este San Froilan con 24 actividades programadas

E novos avances no programa do San Froilán, que este ano vén cargado de polémica. Se hai uns días o edil de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, aseguraba que durante esta semana se presentaría o programa xa pechado, das festas patronais, hoxe deu a coñecer distintas actividades deportivas que compoñen esta programación.

Trátase dun total de 24 citas deportivas de 19 modalidades diferentes, entre as que se atopa o ciclismo, fútbol sala, tiro con arco, atletismo, balonmán, hockey en liña, voleibol, judo, boxeo, pesca ou golf, entre moitos outros. Miguel Fernández tamén fixo fincapé na Gala do Deporte, que esta edición se celebrará o mércores, 11 de outubro, no Auditorio Municipal Gustavo Freire a partir das 20:30 horas, onde se premiará por décimo terceiro ano o deporte lugués.

“O San Froilán é feira e é festa patronal, pero tamén é unha cita deportiva na que se concentran uns 2.000 deportistas, tanto de base como de recoñecida traxectoria”, asegurou o edil, ao tempo que lembrou que o deporte sempre tivo un importante oco nestas festas, declaradas de Interese Turístico Galego e Nacional.

Do 24 de setembro ao 14 de outubro a cidade comezará a vivir o deporte, arrancando coa XVIII Marcha Cicloturista San Froilán, e rematando coa Liga Nacional de Futbol Sala de segunda División que enfrontará ao Prone co Pescados Rubén Burela, no Pavillón Municipal dos Deportes. Entre estas dúas competicións, Lugo acollerá ata 19 disciplinas deportivas diferentes.

As actividades deportivas desenrolaranse en 12 lugares diferentes e instalacións municipais, o polideportivo municipal O Pombal, na Avenida Ramón Ferreiro, no Pavillón Municipal dos Deportes, no polideportivo Daniel Cordido, na CAsa do Deporte, no Club Fluvial de Lugo, no Estadio Anxo Carro, no Campo Municpal Germán López Vila, no Campo Municipal de A Cheda, no Campo de Golf de Lugo e en Pool Bar Tiempos Modernos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com