A Deputación pon en marcha a demolición do Fogar Escola de Becerreá

O Goberno da Deputación iniciou os traballos de demolición do antigo Fogar Escola de Becerreá e acondicionamento da parcela na Rúa Ancares 83, onde se situará o centro de maiores. O Executivo Provincial decidiu financiar esta instalación con 4,8 millóns de euros, en colaboración co Concello, e suplindo á Xunta de Galicia, pois esta administración non executou o proxecto, a pesar do compromiso adquirido por Núñez Feijóo no ano 2009 cos veciños de Becerreá e dos Concellos dos Ancares.

Estas actuacións, enmárcanse na primeira fase de construción do centro, que ofrecerá un mínimo de 96 prazas na residencia e 40, no centro de día. En primeiro lugar leváronse a cabo labores de desescombro, para posteriormente proceder á demolición do antigo Fogar Escola. Cómpre subliñar que o conxunto destes traballos foron contratados con 70.000 euros do orzamento da Deputación do ano 2016.

Martínez Núñez destacou que “con estas obras, iniciamos o proxecto de construción do centro de maiores, cumprindo deste xeito cunha petición histórica dos veciños da comarca. Concello e Deputación xuntamos esforzos para facer realidade unha instalación necesaria, polas características demográficas da nosa provincia, e que permitirá atender a uns 140 maiores”.

Tras a demolición do antigo edificio, o seguinte paso será a adxudicación da construción desta infraestrutura. Polo momento, son xa 21 as empresas que presentaron a súa solicitude para concorrer a esta obra, e o proceso resolverase previsiblemente a finais deste mes. Unha vez concluído este trámite, a empresa terá un prazo dun mes para iniciar as obras deste Centro de Maiores, polo que está previsto que no mes de decembro xa se estean executando os primeiros traballos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com