O PP denuncia a pouca implicación dos socialistas co rural de Lugo

O Grupo Municipal Popular dentro do seu calendario de reunións sectoriais mantivo onte una nova xuntanza sectorial para pórse a disposición da plataforma Lugo en Pé na Defensa do Rural conformada por varias asociación veciñais. Na xuntanza participaron tamén cargos do PP a nivel provincial como a Presidenta e o secretario, Elena Candia e Carlos Armesto. Os populares amosaron o seu apoio para que se avance no abastecemento e o saneamiento do rural de Lugo puntualizando que “sempre foron moi reivindicativos con esta cuestión”.

Ameijide aclarou que “o servizo de saneamento e abastecemento é unha competencia exclusivamente municipal (Lei de bases de Régimen Local 7/85 Artigo 25) pero, sendo conscientes de que estamos falando dun investimento de gran envergadura, é preciso contar coa colaboración doutras administracións como son a Deputación Provincial e a Xunta de Galicia”.

O voceiro dos populares arremeteu contra os socialistas por perder varias oportunidades para completar este servizo unha delas “no ano 2003 cando se negaron a adherirse a un convenio que lles ofrecía o PP, sendo Conselleiro de Medio Ambiente Xosé Manuel Barreiro, no que a administración autonómica asumía o 70% destas obras e o concello debía facerse cargo do 30%. Finalmente o goberno socialista renunciou inexplicablemente a esta oferta”.

“Se nestes últimos anos non se acometeu ningunha obra de abastecemento e saneamento non foi por falta de liquidez senon por falta de vontade política” reflexionaba Ameijde. Para os populares “tanto as ridículas previsións como o escasísimo grao de execución do orzamentado volve desenmascarar aos socialistas” ao demostrar, “unha vez máis”, que “o que din está nas antípodas do que practican”, xa que “cánsanse de presumir de impulsar a zona rural cando a realidade é que lle destinan contías mínimas nos os orzamentos e os investimentos e por riba delo non as executan”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com