O BNG-AA arrancou o curso político con unha asemblea aberta no Centro Social Maruja Mallo. Rubén Arroxo explicou que “neste encontro aberto analizamos o traballo feito neste período de mandato e recollemos propostas das persoas que participaron activamente na asemblea”. Arroxo afirmou que o BNG “é a única formación que ten un proxecto serio para Lugo e a capacidade de levalo adiante” e lembrou a feble situación na que se atopan o resto de forzas con representación na corporación municipal. Arroxo dixo que “dende agora mesmo ata as vindeiras eleccións municipais imos avanzar na liña que viñemos traballando para darlle un cambio de rumbo ao concello de Lugo”.
Arroxo insistiu na necesidade de “sacar ao concello de Lugo na situación de parálise na que se atopa” e subliñou “o BNG ten propostas e sabe como executalas para que facer que Lugo funcione”. O voceiro nacionalista fixo referencia á caótica situación na que se atopa o funcionamento interno do concello derivada, dixo, “de gobernos socialistas que fixeron unha nefasta xestión en materia de persoal e de contratación atendendo máis a intereses particulares que ao ben común do concello“.