En Marea preguntará no Parlamento de Galicia pola situación de ao menos 10 traballadores do transporte da Mariña lucense que a día de hoxe non foron recolocados na nova empresa adxunticaria pese a obriga que ten para facelo.
No cambio de empresas de transporte das liñas que cubren servizos entre as localidades da Mariña, Ribadeo ou Viveiro, e entre estas e Santiago ou Lugo entre outras localidades, a concesionaria anterior, Arriva Noroeste, cifrou en 14 o número de condutores que terían que ser subrrogados coa concesión no momento de traspasarse á UTE Autos Morán-Autocares Rodríguez. Este cambio produciuse o pasado 8 de agosto e, sen embargo, eses 14 traballadores non foron recolocados na nova empresa, quedando sen traballo nunha situación na que nin foron despedidos nin admitidos na nova empresa.
A día de hoxe, son 10 os traballadores que aínda están nesta situación e que levan xa dous meses nese “limbo laboral” sen que a Xunta estea facendo nada por facer cumprir as obrigas da empresa adxudicataria, que tiña entre as súas condicións para asumir a concesión a de asumir os traballadores que traballaban nas liñas que cambiaron de empresa.
En Marea preguntará no Parlamento de Galicia pola situación destes traballadores á conselleira de Transporte e sobre como afecta esta situación á prestación dos servizos na Mariña.