Un incendio rexistrado esta noite nun garaxe en Vilalba provocou danos materiais. O lume, que se orixinou nun forno, calcinou por completo os aveños que se almacenaban no interior do garaxe, cuxa estrutura se viu afectada e caeu o teito. Segundo indicou o 112 Galicia, os bombeiros da localidade sacaron ao exterior un vehículo e non chegou a arder.
O 112 Galicia recibía a alerta do incendio a través do aviso dun particular ás 0:47 horas. Acto seguido, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia informouse os Bombeiros de Vilalba, á Policía Local e a Protección Civil.
Unha peregrina ferida ao caer da bicicleta en Paradela
Unha peregrina resultou ferida esta mañá despois de caer da súa bicicleta en Paradela. Os feitos ocorreron na estrada que une a localidade lucense con Portomarín. O 112 Galicia recibiu a alerta do accidente a través do aviso dun particular ás 11:05 horas. Indicaba que a ferida precisaba asistencia médica.
Nese momento, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia pasouse o aviso ao 061-Urxencias Sanitarias, á Garda Civil de Tráfico e a Protección Civil. Finalmente, a peregrina accidentada foi trasladada ata un centro médico.