O Monbús Obradoiro fíxose coa final da Copa Galicia in extremis. O equipo compostelano de Liga Endesa ACB tivo que empregarse a fondo para superar ao Breogán que acusou a mala porcentaxe dende a liña de tiros libres (6 de 15) e levou o dominio do electrónico ata os instantes finais no que o número de rotacións obradoiristas fíxose notar para levar a Copa Galicia por un axustado 75-71. Os celestes tiveron un ataque a 15 segundos do final con opcións de levar o partido á prórroga con 73-71, pero un roubo de Obradoiro finalizado en contraataque puxo o marcador final en 75-71.
Sen Matt Stainbrook, o Breogán foi mellor que o rival en moitos minutos e destacaron as acctuacións de Löfberg (14 puntos e 7 rebotes), Leo Demetrio (12 puntos, 8 rebotes), Arco (11 puntos), Rubio (8 puntos, 6 rebotes e 6 faltas recibidas), Christian díaz e Cigoja con 7 puntos e Úriz con 6.
O Breogán pensa xa na liga e na estrea na casa, no Pazo, do vindeiro sábado 30 de setembro ás 20:00 horas ante o Río Ourense nunha nova edición do Derbi do Miño.