O goberno provincial proporá mellorar as condicións laborais dos seus traballadores en prácticas

O Goberno da Deputación levará mañá ao Pleno unha proposta para mellorar as condicións laborais dos profesionais cun contrato en prácticas na institución luguesa. Así o anunciou o voceiro do Executivo Provincial, Álvaro Santos Ramos, que avanzou que esta iniciativa acadou o visto e prace de todos os representantes sindicais no organismo polo que se agarda o apoio dos membros da Corporación para a súa entrada en vigor.

As melloras consisten en que estes profesionais reciban a partires do seu sétimo mes de actividade laboral na Deputación de Lugo o 95% do salario que lles corresponde no organismo provincial, tendo en conta a súa categoría profesional. Isto suporá que, por exemplo, os traballadores cunha titulación universitaria ou de Formación Profesional reciban uns 1.400 euros mensuais tras superar o período de proba, que é de 6 meses. Durante os 6 primeiros meses, período de proba, continuarán recibindo o 60% do salario que lles corresponda na institución atendendo á súa titulación.

A día de hoxe, non perciben máis do 75% a partires do sétimo mes e durante o máximo de 2 anos de vixencia do seu contrato en prácticas na Deputación de Lugo. Esta proposta ten carácter retroactivo polo que de aprobarse comezará a aplicarse atendendo ao 1 de xaneiro de 2017. Na actualidade hai 7 profesionais con contratos en practicas na Deputación de Lugo.

Hortos urbanos

Noutro senso, o Deputado de Medio Ambiente, Argelio Fernández Queipo, presentou este luns a proposta do regulamento dos hortos urbanos da Deputación no Paseo do Río Rato e na zona de Paradai, que será debatida pleno deste martes. Este regulamento foi proposto polos propios usuarios dos terreos co que se busca conducir os hortos cara unha xestión e produción familiar ecolóxica. “Foron os propios usuarios os que consideraban que debían ter unha normativa para, entre todos, utilizar as parcelas dun xeito responsable, e ao mesmo tempo impulsando novas medidas ecolóxicas, como a reciclaxe ou a compostaxe; e tamén que forona destinadas para o
uso agrario e sempre destinado ao autoconsumo”, sinalou o Deputado.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com