O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, presentou este xoves aos voceiros provinciais, unha declaración institucional para reprobar a Conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, e declarala persoa non grata segundo as súas palabras, “pola súa política discriminatoria cara os lucenses, ao negarlles, reiteradamente os servizos sanitarios que precisan”, en clara referencia a decisión da Xunta de Galicia de non implantar a Hemodinámica 24 horas na provincia.
A intención do goberno socialista é o de aprobala por unanimidade no vindeiro Pleno Provincial, que terá lugar o martes 24 de febreiro. PSOE e BNG aceptaron a declaración, pero o PP rexeitouna.
Para presentar a declaración institucional é necesario o apoio dos tres voceiros á sesión plenaria.
@depulugo
Gómez Besteiro:
Pola súa banda, a voceira dos populares na Deputación de Lugo, Elena Candia, declarou hoxe que non é o momento de recriminacións, e que o seu partido cumpre coas demandas sanitarias na provincia.
Elena Candia: