O Concello de Lugo insta á Xunta e Fomento a subir a contía das axudas das ARRU

O equipo de Lara Méndez, no Concello de Lugo, pedirá no Pleno ordinario deste xoves o apoio da Corporación para instar á Xunta de Galicia e ao Ministerio de Fomento a modificar as bases que regulan as axudas concedidas a través das ARRU (Áreas de Rexeneración e Renovación Urbana) e suban a porcentaxe de financiamento por vivenda ou a contía máxima co fin de impulsar a rehabilitación, tanto no casco histórico, como na futura ARRU da Milagrosa.

O Concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Persoal, Daniel Piñeiro, explicou que o Goberno fai esta proposta ao Pleno tras producirse un escaso volume de solicitudes de axudas na última convocatoria da ARRU do casco histórico lucense, pois só se executaron obras menores por valor de 43.809 euros, dos 231.000 posibles, un baixo atractivo que pode reproducirse na futura ARRU da Milagrosa.

“Detectamos que en edificios que teñen poucas vivendas ou que son propiedade dunha soa persoa, a contía máxima por vivenda que concede tanto Xunta como Fomento só chega a 11.000 euros, moi pouco diñeiro para a rehabilitación integral dun edificio, polo que o que estamos subvencionado son obras menores, de reparación, que non conseguen unha
rehabilitación integral. En definitiva, o plan non resulta eficaz”, explicou o edil.

Daniel Piñeiro subliñou así mesmo que “o PP recortou drasticamente as subvencións das ARRU”, pasando do 50% de Fomento e o 30% da Xunta na etapa de gobernos socialistas, ao 35% por parte do Ministerio e a achega cero da administración autonómica na última convocatoria. Na nova fase está previsto que a Xunta financie só 4.000 euros por vivenda, como máximo.

O incremento dos importes, segundo explica o Concello, contribuirán a impulsar a rehabilitación na cidade, o que supoñerá “unha mellora a nivel urbanístico, tanto estructural, en canto a eficiencia enerxética, como estético, e un pulo para un sector económico cun gran potencial”, asegurou o Concelleiro.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com