A Garda Civil intercepta a un vehículo a 167 km/h nun tramo limitado a 70

A Garda Civil interceptou onte ao redor das 20.00 horas a un turismo circulando a 167 km/h nun tramo limitado a 70, no termo municipal de Quiroga, na N-120 (Logroño-Vigo), ao pasar por diante dun equipo de radar do Subsector de Tráfico de Lugo, no punto quilométrico 483,900.

Unha vez detectado o citado exceso de velocidade, os compoñentes do equipo de radas alertaron ao resto das patrullas sobre os daros do vehículo, detido finalmente na localidade de Monforte á altura do Expolemos. Unha vez identificado o condutor resultou ser un veciño de Madrid de 34 anos de idade que levaba un deportivo de alta gama.

Esta conduta se puso en coñecemento do ZXulgado de Instrucción de Monforte de Lemos e o seu condutor pasou á condición de investigado como presunto autor dun delito contra a Seguridade Vial que ten prevista unha pena de prisión de tres a seis meses ou multa de seis a doce meses ou traballos en beneficios da comunidade de 31 a 90 días ademáis, en todo caso, esta sanción virá acompañada da privación do permiso de conducir por un tempo que vai de entre un e catro anos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com