Os socialistas da Deputación piden a retirada do anteproxecto de Lei de Saúde

O equipo de Goberno da Deputación presentou dúas mocións no pleno de hoxe. Así o explicou o propio presidente da Deputación, Darío Campos Conde, na entrada ao salón plenario. A primeira destas mocións ten relación coa reforma sanitaria que quere levar a cabo a Xunta de Galicia, e que ten en contra a moitos colectivos.

A petición socialista, moi anunciada e apoiada polos sanitarios galegos, é que o PP da Xunta retire o anteproxecto de Lei de Saúde co que, en palabras do presidente “desmantelan as áreas sanitarias da Mariña e de Monforte de Lemos deixando sen servizos aos 130.000 veciños lucenses que son atendidos nos mesmos”.

A este respecto, os populares provinciais, encabezados pola deputada, Elena Candia, defenderon que “os investimentos en Sanidade serán sempre unha prioridade na nosa provincia”. Os populares apuntaron que o que máis preocupou foi a organización territorial. No que a participación social se refire búscase simplificar a regulación dos órganos de participación tendo un a nivel autonómico e outros doutras áreas. “Imos estar máis próximos aos nosos veciños e veciñas”. Haberá tres niveis: as áreas, os distritos e as zonas. “O distrito, que é o que máis nos afecta na Mariña e en Monforte defínenos como divisións das áreas, como un marco de referencia de atención primaria, hospitalaria e sociosanitaria no seu ámbito territorial e haberá 14 distritos que toman como referencia o hospital comarcal e mantendo a agrupación de concellos que xa existen”.

Doutra banda, a segunda moción que os socialistas levaron a pleno tamén que ten que ver coa Mariña lucense, esta vez en relación co transporte, pois na vista de Darío Campos, “o Goberno Central e a Xunta recortaron este servizo na comarca da Mariña”, polo que consideraron a creación dun Plan de Transporte. 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com