O PP de Castroverde esíxelle á Deputación e a Suplusa a apertura da residencia e do centro de día para persoas maiores

O Grupo Municipal do PP de Castroverde presentou unha moción de urxencia para o Pleno que se celebra esta tarde na que se esixe á Deputación de Lugo e á Sociedade Urbanística Provincial de Lugo  (Suplusa) a apertura “á maior brevidade posible” da residencia e do centro de día para persoas maiores.

A voceira do PP, María Gómez, explica que xa pasaron máis de dous anos desde a inauguración por parte de Besteiro da residencia emprazada no noso Concello e dende que foron seleccionadas 67 persoas para traballar nas residencias para persoas maiores construídas por Suplusa. Os populares consideran “que a apertura da residencia e do centro de día para persoas maiores en Castroverde é e debe ser un tema prioritario no noso Concello”.

“Hai xa dous anos, concretamente no mes de setembro de 2015, foi solicitado o permiso de inicio de actividade (PIA) e xa remataron as obras e o equipamento destas infraestruturas. Sen embargo e a pesar de que estes edificios están rematados e mesmo inaugurados, a data de hoxe, continúan baleiros”, relata a voceira.

Os populares denunciaron tamén que son moitas as novas que os medios de comunicación reflicten sobre o futuro das residencias e centros de día construídos na provincia, previa encomenda de xestión por parte da Deputación Provincial de Lugo no maioría dos casos sembrando dúbidas sobre o seu futuro.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com