Alumnos da TIC editarán un vídeo da VIII Noite Aberta

Alumnos de Realización do 2º curso da Escola de Imaxe e Son (EIS) gravarán este venres, día 29 a VIII Noite Aberta, que organiza a Asociación de Autónomas de Lugo. O evento desenvolverase das 17:00 ás 00:00 horas, coa participación de 94 comercios do centro da capital.

Os estudantes da EIS, baixo a supervisión de docentes e técnicos da TIC, filmarán e fotografaran o desfile de moda que presentará a artista do Incio Lucía Pérez, ás 18:00 horas, na Praza Maior. O equipo realizará a gravación con catro cámaras, e posproducirán un vídeo coas imaxes. Trátase da primeira das numerosas prácticas en escenarios reais que o alumnado da TIC levarán a cabo ao longo deste curso, dentro dos módulos de Realización de Televisión e de Montaxe e Posprodución.

Ademais, un equipo da TIC realizará unha reportaxe da festa do comercio lucense para a súa difusión a través de internet. Ademais do desfile, na Noite Aberta haberá importantes descontos nas tendas, actuacións musicais e xogos infantís.

A TIC co comercio lucense

A Fundación TIC comprométese coas iniciativas que promoven a actividade comercial e aos autónomos da provincia. A colaboración que mantén coa organización da Noite Aberta súmase á da Feira Outlet e o Mercado na Rúa-Street Market, ao abeiro do convenio asinado coa Asociación de Autónomas, Empresarias e Profesionais de Lugo.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com